O Concello mantén pechado o tramo do paseo do Miño entre o Balneario e a ponte branca

O Concello de Lugo mantén pechado por inundación o tramo do paseo do río Miño entre o Balneario e o acceso ao antigo restaurante O Muíño, desde a ponte branca. A pesar de que o nivel do cauce fluvial ao seu paso polo municipio segue en descenso, mantense o nivel de prealerta.

Ademais, efectivos municipais manteñen en observación o tramo de acceso ao balneario dende a ponte romana en previsión de que poida aumentar o caudal ao continuar chovendo. Neste senso, dende o Concello recomendase precaución e evitar as zonas próximas ao leito do río.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com