" />

O Concello nega que o BNG-AA teña permiso para abrir a praia fluvial

O Concello de Lugo nega que a Confederación Hidrográfica Miño Sil lle dera permiso ao BNG-AA para acondicionar na zona das Saamasas unha zona pública de baño ou praia fluvial. Así o explicou esta mañá o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, quen asegurou que é o Concello quen está a tramitar esta zona de baño e afirmou que “do que dispón o voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, non é máis que un permiso da Confederación Hidrográfica para instalar unha escaleira de madeira”.

Así o reflicte tamén un documento redactado por Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, que acompañaba ao permiso da Confederación Hidrográfica, e que estipula que “o informe refírese exclusivamente á instalación dunha rescaleira para facilitar o acceso á auga, pero non pode ser asimilable a instalación doutro tipo de infraestruturas ou actuacións que habiliten este tramo de río como praia fluvial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo