" />

O Concello pon en marcha os I Premios Connexio para potenciar o Camiño Primitivo

O Concello de Lugo quere incorporar con vistas ao vindeiro Ano Santo a valorización do Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio. Con este fin, lanza os I Premios Connexio, espazos para a reflexión, cos que o Concello premiará seis proxectos de intervencións artísticas en seis igrexas situadas ao pé do itinerario xacobeo, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. “Abriremos o vindeiro día 1 de xullo, a convocatoria pública para a creación de proxectos que se exporán nestes templos, tanto no seu interior como no exterior, co obxectivo de incitar á reflexionar sobre o que representa a peregrinación, o contacto co Camiño, así como a investigación e a exploración dos vínculos entre a arquitectura litúrxica e a arte contemporánea”, comentou a rexedora, Lara Méndez, que estivo acompañada na presentación desta iniciativa do edil Mauricio Repetto e de César Carnero, delegado episcopal de Patrimonio Histórico Artístico.

As intervencións artísticas desenvolveranse en seis igrexas situadas no Camiño Primitivo, ao seu paso por distintas parroquias de Lugo: Santa María en Gondar; Capela do Carme; San Xóan Alto; San Vicente en Burgo; San Miguel en Bacurín; e San Pedro de Abaixo en Mera. As mesmas foron elexidas por ser as que teñen máis valor histórico e patrimonial.O Concello e o Obispado esperan que se aninem moitos artistas a participar, “tendo en conta que para eles poder ser tamén unha forma de proxectarse a nivel internacional”,  incidiu a alcaldesa.

A presentación dos candidatos e propostas realizarase telematicamente a través da web www.connexio.gal, onde se poderá atopar toda a información, os prazos e documentos necesarios para participar nesta primeira edición dos premios. A preinscrición dos candidatos permanecerá aberta dende o día 1 ata o 12 de xullo.

A valoración das solicitudes e a proposta de concesión efectuarase por un comité de expertos composto por comisarios, xestores culturais, persoal da Diocese de Lugo e como secretario do xurado, con voz pero sen voto, un técnico do Concello de Lugo. A concesión destes premios efectuarase fomentando a concorrencia competitiva, de acordo cos principios de obxectividade, transparencia e igualdade. Todas as propostas deberán ser especialmente respectuosas co patrimonio arquitectónico, a contorna e o medio ambiente.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo