O Concello prepara un novo obradoiro de emprego dual para 20 persoas

A área de Desenvolvemento Local quere poñer en marcha un obradoiro de emprego dual co que o Goberno local aposta por crear oportunidades laborais, nesta ocasión, para 20 persoas desempregadas. Esta mañá, o equipo de Goberno autorizaba a aprobación inicial do proxecto así como a concorrencia da Administración municipal ás subvencións autonómicas da Xunta de Galicia, cuxa concesión resulta imprescindible para poder levalo a cabo.

Baixo o nome Lugo Sostible 5.0 a iniciativa pretende “poñer en valor e promocionar a cidade sustentable que somos, con ferramentas dixitais e contidos multimedia interactivos e audiovisuais, ao tempo que se dota a 20 traballadores de coñecementos e destrezas profesionais que faciliten o seu acceso ao mercado laboral con garantías suficientes, partindo dunha situación de desemprego”, avanzou a concelleira.

“Trátase, pois, de impulsar mediante a aplicación das TIC e a xeración de contidos multimedia interactivos, todos os recursos tanto históricos, culturais e naturais do municipio cun enfoque centrado na sostibilidade, orientados a sectores turísticos – por ser este un ámbito consolidado e en plena expansión – no que, cada vez, se demandan máis servicios relativos a este campo, e que nos permite combinar actuacións transversais ligadas ao ocio, á cultura e á calidade de vida tanto da cidadanía como dos e das visitantes”, sinalou a edil.

“A iniciativa – segundo explicou a concelleira – tería unha duración dun ano, tempo no que o alumnado poderá estar remunerado co salario mínimo profesional o a que converte non só nunha oportunidade formativa, senón tamén nunha fonte de ingresos para todas estas persoas”.

Lugo Sostible 5.0 foi deseñado para ofrecer tres módulos sobre Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxías Web, Desenvolvemento de Produtos Audiovisuais Multimedia Interactivos e Xestión de Márketing e Relacións Públicas.

“Unha programación integrada e conforme aos itinerarios de inserción profesional, dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade o que permitirá que, ao rematar a súa participación no proxecto, as persoas participantes estean en condicións de incorporarse ao mercado laboral para ocupar postos de traballo vencellados coa imaxe, a edición dixital, o desenvolvemento de aplicacións multimedia, o desenvolvemento de aplicacións web, a xestión de eventos promocionais, deseño de estratexias de marketing, etc.; postos que contan cun mercado laboral a través de empresas de servizos especializadas”, referiu a edil ao tempo que sinalou que se trata dunha oferta formativa dirixida a un sector da sociedade amplo e especialmente centrada no colectivo de parados de longa duración coa finalidade de achegalos a un ámbito laboral novo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com