O Concello promove a igualdade social celebrando o Día do Pobo Xitano

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, xunto a Coordinadora da Fundación do Secretariado Xitano en Lugo, Belén Fernández presentaron os actos en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano que se celebrará este domingo. A xuntanza, que tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, comezou cunha breve presentación seguido da lectura dun manifesto e a proxección dun corto de animación. En ambos os dous actos tamén estiveron presentes outros membros da Corporación Municipal.

Ana Abelleira destacou que “dende os poderes públicos temos a responsabilidade de garantir a igualdade de todos os cidadáns, poñendo en marcha medidas necesarias para reducir as desigualdades sociais, combater a discriminación e favorecer a participación activa de xitanos e xitanas en todos os ámbitos e espazos da nosa sociedade”.

Belén Fernández anunciou que ata o 30 de abril pódese visitar, na Biblioteca Pública, unha exposición fotográfica do programa Aprender Traballando. “Para nós é moi importante dar difusión a este tipo de proxectos e que todo o mundo vexa á comunidade xitana nun entorno laboral totalmente normalizado”, apuntou.

O 8 de abril celebrarase o Día Internacional do Pobo Xitano e para conmemoralo, este venres, leuse un manifesto no que reivindicaron o apoio e o afecto da sociedade a comunidade xitana que, aínda hoxe, segue a recibir tratos de invisibilidade e desconsideración. Como peche a esta xornada, esta tarde, realizarase un Contacontos ás 18:00 horas no Centro Comercial As Termas.

Nesta liña, a edil, Ana Abelleira, engadiu que “debemos romper coa imaxe social da comunidade xitana que, na cidade de Lugo, componse por 231 familias; prexuízos que moitas das veces xorden por un profundo descoñecemento e que xeran situacións de rexeitamento e discriminación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com