" />

O Concello promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas

A área de Xuventude propón, ata outono, unha programación de andainas de sostibilidade e igualdade dirixidas á mocidade activa do municipio. Trátase de camiñadas polo Concello de Lugo, lideradas por mozas e mozos de entre 14 e 35 anos, para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria.

O número de prazas para cada unha delas é de 25 e a hora de saída será sempre ás 10:30 horas, no Parque Rosalía de Castro (diante do busto da escritora) no caso das andainas de sostibilidade e na Praza Maior  (nos soportais do Concello ) para as de igualdade. Os guías locais Guido Álvarez Parga e Lidia de la Fuente serán os encargados, respectivamente, de dirixilas.

As inscricións, de xeito provisional, realizaranse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

  1. Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar).

  2. Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do ontrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda).

  1. Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes.

  2. E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade.

As datas a conmemorar son as seguintes:

 Sostibilidade:

12 de agosto: Día Mundial da Xuventude

29 de agosto: Semana Mundial da Auga

4 de setembro: Mobilidade Sostible

19 de setembro: Día Mundial da Limpeza

Igualdade:

18 de xullo: Nacemento de Xulia Minguillón

8 de agosto: Mulleres na Historia de Galicia

12 de setembro: Nacemento de Emilia Pardo Bazán

17 de outubro: Día Mundial da Nena e da Muller Rural

21 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Mari Dominguez
    Xul 15, 2020 - 02:19 PM

    Pois nada, a camiñar!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo