O Concello promoverá a creación dunha Mesa para a Diversificación Industrial

Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe o edil Mauricio Repetto, promoverá a creación dunha Mesa para a Diversificación Industrial de Lugo como reforzo da estratexia Lugo Transforma.

A Mesa para a Diversificación Industrial enmárcase na Estratexia Lugo Transforma, o fondo emprendedor municipal co que o Concello mobilizará 12 millóns de euros en cinco anos, a maior contía destinada pola administración local en toda a súa historia para diversificar a economía do municipio, moi dependente do sector servizos, un dos que está a sufrir máis as consecuencias da emerxencia económica derivada da pandemia.
O deseño da Mesa basease noutros casos de éxito, que cun espírito colaborativo e participativo, conseguiron impulsar novos proxectos que posicionaron á cidade nunha situación vantaxosa para atraer novos investimentos e a creación de emprego cualificado.

O Concello de Lugo mantivo os primeiros contactos cos sectores económicos, como a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a Asociación de Empresarios do Ceao-As Gándaras, a Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE), e a Asociación de Mulleres Empresarias, que xa amosaron o seu total acordo e colaboración con esta iniciativa, e fixará reunións con outros axentes como a Universidade, colectivos cidadás ou outras administracións, como a Xunta de Galicia, que o Concello espera que se sume como xa fixo noutras iniciativas deste estilo postas en marcha noutras cidades galegas.
A iniciativa porase en marcha no segundo semestre do ano e incluirá catro fases: o contacto con todos os axentes participantes, a organización da mesa para a reindustrialización de Lugo, o deseño de medidas de actuación e a implementación e seguimento. Lugo Transforma, unha iniciativa pioneira

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com