" />

O Concello publica as listas provisionais das prazas nas Escolas Infantís Municipais para o vindeiro curso

O Concello de Lugo publicou este venres as listas provisionais de nenos e nenas admitidas no vindeiro curso 2017-2018 para prazas de novo ingreso nas escolas infantís creadas e mantidas polo Concello de Lugo: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer. Todas as persoas interesadas poden consultar estas listas ata o 15 de xuño no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010.

A partir deste día, 15 de xuño, resolveranse as solicitudes e alegacións presentadas, para, a continuación, publicar as listas definitivas e comezar cos procesos de formalización de matrícula para o vindeiro curso. Ata o 31 de agosto poden presentarse solicitudes de novo ingreso de menores nacidos con posterioridade ao 5 de abril do 2016, data de finalización de presentación de solicitudes dentro da convocatoria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo