O Concello recolle en Bruxelas un recoñecemento á accesibilidade

O Concello de Lugo vén de acadar, nos premios europeos de accesibilidade -Access City Award-, a mención especial por Smart city, polo seu compromiso cunha cidade accesible para toda a cidadanía sen tomar a consideración a idade. O voceiro municipal, Miguel Fernández, recolleu este recoñecemento este mediodía na cerimonia de entrega de premios, que tivo lugar en Bruxelas. Lugo era a única cidade española que optaba a ditos premios, que recompensan aos municipios de máis de 50.000 habitantes polo traballo en materia de accesibilidade.

Con esta mención especial, a Comisión Europea recoñece a mellora constante do Concello para adaptar os espazos públicos a todas as persoas que viven ou visitan a cidade. Trátase pois dun feito que pon de manifesto o importante traballo realizado en materia de accesibilidade da entidade local, en todos os eidos e pola súa aposta por acadar unha a unha accesibilidade universal, pola igualdade de oportunidades, da dignidade das persoas e da autonomía da cidade, co fin de facela máis integradora.

Tal e como manifestou a Comisión Europea, a cidade de Lugo gañou a mención especial de Smart City en recoñecemento ao seu enfoque inclusivo á discapacidade, e á participación do sector privado e empresarial en todas as súas actividades. Ademais, subliñou que Lugo lidera programas de apoio a profesionais e fai uso das tecnoloxías da comunicación no deseño de políticas de accesibilidade. Así mesmo quixo facer fincapé na especial atención á inclusión das persoas maiores.

Xunto con Lugo, as cidades finalistas eran as de Alessandria, en Italia, Funchal, en Portugal, Jürmala, en Letonia, Róterdam, en Holanda, Skellefteå en Suécia, e Chester, no Reino Unido, quen gañou este premio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com