O Concello repara o firme en San Lázaro, tralas peticións da veciñanza

O Tenente de Alcalde informou da actuación realizada pola concellería de Infraestruturas, área que dirixe, no firme de San Lázaro. “Trátase dunha intervención solicitada polas veciñas e veciños da zona, na que dende Infraestruturas traballamos para dar a mellor solución posible nun tramo que se deterioraba reiteradamente”, indicou.

“Realizamos unha actuación integral no tramo de rúa afectado para evitar que volva aparecer esta fenda”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida e as veciñas e veciños agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.

Con esta intervención, a Concellería de Infraestruturas Urbanas traballa para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía. Para a área de Infraestruturas, os barrios teñen que ter as atencións necesarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com