O Concello repartirá máis de 7.000€ en premios durante o Entroido

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo indicou que “neste Entroido, os diferentes concursos de disfraces terán premios por valor de máis de 7.000 euros”. Segundo a edil, “o noso obxectivo é revitalizar o Entroido de Lugo para que acabe sendo tamén un referente das festas do Entroido na Galicia”. A concelleira nacionalista lembrou que se poden realizar as inscricións para os concursos de disfraces a través do 010 ou nas oficinas da área de Cultura.

Este sábado, 22 de febreiro, a partir das 17:00 terá lugar o Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes deberán concentrarse na praza da Soidade media hora antes do desfile, que presidirá a charanga VK Pinta, e percorrerá as rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e rematará na Praza Maior. As inscricións deberán realizarse nas oficinas da área de Cultura ou no 010 antes das 14:30 do venres 21. O xurado, que estará formado por persoas de recoñecido prestixio e vinculación coa cultura, repartirá premios en categorías individual (100, 75 e 50 euros), parellas (150, 120 e 90 euros) e comparsas (225, 175, 140 euros), que serán entregados dous vales, un por un lote de libros, que pode incluír material escolar ou de papelería, e outro para actividades de ocio e tempo libre, que se poderán canxear na sala Enigma ou no espazo Hakuna Matata. Durante a deliberación do xurado, Isla Le Triska realizará un espectáculo de clown e malabares para toda a familia.

O martes 25, a partir das 17:00 terá lugar o Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes deberán concentrarse na praza da Soidade media hora antes do desfile, que presidirá a charanga Paradela, e percorrerá as rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e rematará na Praza Maior. As inscricións deberán realizarse nas oficinas da área de Cultura ou no 010 antes das 14:30 do luns 24. O xurado, que estará formado por persoas de recoñecido prestixio e vinculación coa cultura, repartirá premios en categorías individual (500, 300 e 200 euros, e tres premios de 50 euros), parellas (600, 400 e 300 euros, xunto con 5 premios de 100 euros) e comparsas (1.100, 800, 600 euros, e 7 premios de 200 euros).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com