" />

O Concello retira da súa fachada a bandeira da Unión Europea

O Concello de Lugo retirou na mañá deste mércores a bandeira da Unión Europea da fachada da casa consistorial, unha medida que manterá ata o venres como xesto simbólico de repulsa frontal da cidade lucense ás políticas inxustas, insolidarias e inhumanas que está adoptando contra os refuxiados, materializadas no principio de acordo entre Europa e Turquía, que suporá o peche de fronteiras para as persoas que piden refuxio.

Unha iniciativa co BNG – Asembleas Abertas aplaude, xa que fora unha proposta deles, e coa que felicita ao Concello porque segundo declarou Rubén Arroxo “a maioría dos lucenses, galegas e galegos non apoia un acordo que atenta contra a legalidade internacional e os dereitos humanos” e engadiu que “o mínimo que podemos facer dende o concello é un xesto simbólico para evidenciar a vergoña que sentimos de pertencer a unha Unión Europea disposta a tratar como animais a persoas que foxen dunha guerra provocada dende occidente”.

Arroxo explicou que, o grupo municipal do BNG – Asembleas Abertas considera que o acordo económico imposto pola UE e Turquía “viola os dereitos humanos fundamentais, tal e como indicou a ONU” e sostén que o concello de Lugo “non podía permanecer alleo nin impasible ante unha decisión deste tipo”.

O Concello tomou esta decisión tras solicitar un informe técnico co fin de garantir a seguridade xurídica, no que se indica que os símbolos da UE non son xuridicamente vinculantes para os países membros.

Así mesmo, representantes da entidade local secundarán esta tarde, ás 20:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno, a manifestación convocada por axentes sociais e sindicais en protesta polas medidas comunitarias contra os refuxiados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo