" />

O Concello saca a contratación a produción de espectáculos e concertos no Arde Lvcvs, que terá lugar o 30 de xuño, 1 e 2 de xullo

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo celebrada este mércores aprobou os pregos de prescricións técnicas e de claúsulas administrativas para a contratación da produción de espectáculos e concertos do Arde Lvcvs 2017, que terá lugar o 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo. Tal e como explicou o voceiro municipal, Miguel Fernández, dita contratación realizarase por lotes.

O primeiro, de escenarios, estruturas, gradas e elementos auxiliares, por 20.500 euros, o segundo, de producción de espectáculos na Praza de Santa María e no pavillón, por 14.200 euros; e un terceiro, de animación de rúa, por 12.500 euros. En total, o valor estimado do contrato ascende a uns 39.100 euros, sen IVE.

O Concello publicará un anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia, así como no perfil do contratante, na web www.lugo.gal. O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no BOP.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo