O Concello subsana o saneamento da calzada que comunica a avenida das Fontiñas co Paseo do Rato

A concellería de Medio Ambiente está a subsanar estes días o saneamento da calzada que comunica a avenida das Fontiñas co Paseo do Rato.

O edil Álvaro Santos explicou que a intervención daba comezo esta semana logo de detectarse unha vertedura de augas residuais que podería estar afectando tamén ao tanque de tormentas que abrangue esta parte da cidade “que, de por si, conta ademais cunha orografía moi complexa”.

“Tras comprobar o estado no que se atopaban as canalizacións e localizar a orixe exacta da que partía a avaría, procedeuse á súa reparación que consistiu, fundamentalmente. na apertura dunha gabia, a substitución dun tramo da tubaxe e o arranxo do pozo de saneamento”, relatou o concelleiro.

“Traballos entre os que se inclúe tamén a reposición do firme deste camiño, xa bastante deteriorado, e cos que agardamos deixar solucionado definitivamente esta incidencia para que non teña repercursión tampouco no resto da rede municipal”, concluíu Santos Ramos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com