" />

O Congreso aproba a iniciativa para a intervención pública de Alcoa e AluIbérica

O Bloque Nacionalista Galego consegue que o Congreso aprobe unha iniciativa en que insta o Goberno do Estado á intervención pública da planta de Alcoa San Cibrao e AluIbérica na Coruña e Avilés. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defendeu que o Ministerio de Industria actúe con celeridade, axilidade e transparencia neste caso e propuxo que a SEPI se faga cargo da factoría para garantir a continuidade da actividade e os postos de traballo.

“Entre a crise industrial que desde hai anos arrastra Galcia e que xa cobrou o fechamento de numerosas empresas e de centos de postos de traballo, destaca a industria electrointensiva que dá emprego directo a máis de 5.000 persoas e moi especialmente as plantas de Alcoa San Cibrao e a antiga Alcoa A Coruña” comezou a súa intervención o deputado do BNG no Congreso. No caso da planta situada na Mariña, estamos a falar dunha situación xerada pola decisión da empresa de fechar a planta de aluminio primario e non vendela “para evitar potenciais competidores deixando na rúa a redor de 1.000 traballadores e traballadoras entre os da propia empresa e os da industria auxiliar”.

Isto provocaría un efecto devastador en toda a Mariña xa que esta planta está representa unha actividade económica fundamental nesta comarca. O deputado nacionalista lembrou na súa intervención que o Congreso xa aprobou unha iniciativa do BNG, no mes de outubro pasado, unha iniciativa no mesmo sentido mais “o Goberno optou por non tomar en consideración esta proposta, o que implicou que Alcoa iniciase un ERE que foi parado polos tribunais”.

“Sempre dixemos que a solución non ía ser xudicial e que era precisa unha actuación política. Por iso traemos de novo a esta Comisión unha iniciativa para que o Goberno opte por unha actitude directa de intervención como única saída a unha crise que se prolonga demasiado tempo” enfatizou o deputado nacionalista. Así mesmo, sinalou, a iniciativa quere evitar tamén “unha falsa saída”, como ocorreu nas plantas da Coruña e Avilés coa venda ao Grupo PARTER, a posterior revenda ao Grupo RIESGO: “unha operación claramente especulativa que acabou coa recente intervención xudicial desas dúas empresas” destacou Rego.

A formación nacionalista critica que á finalización do último prazo de negociación no mes de abril o Ministerio “se poña de lado e diga que debe ser Alcoa e os potenciais compradores os que negocien, porque isto pode desembocar no fechamento da planta ou mesmo nunha falsa saída”. Rego defendeu unha vez máis a necesidade da intervención pública de Alcoa-San Cibrao para que, unha vez en mans da SEPI, se se quixer, poida negociarse cun potencial comprador “que represente un proxecto industrial estábel e que garanta a continuidade da actividade e os postos de traballo”. O deputado nacionalista sinalou que o BNG “aposta pola nacionalización da factoría para retornala ao sector público” mais entende que neste contexto hai que dar prioridade á busca dunha saída estábel para manter a actividade e a totalidade dos postos de traballo, razón pola que acepta que esa intervención pública poida ser temporal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo