O coronavirus en Ourense

Eu temía que esta pandemia podía ser anuncio de algo máis gordo, pero non agardaba sinal tan claro e potente como un que ven de Ourense. Alguén terá que investigalo.

Recibo comunicado da Axencia municipal de noticias ourensá que informa de que na rúa Bernardo González Cachamuiña daquela cidade un grupo de veciños fai percorrer de fiestra a fiestra unha pequena carroza voante da virxe, que colleita vivas de todos os que presencian a procesión, da que mandan unha grabación de oito minutos coa música que Serrat lle puxo á Saeta de don Antonio Machado.

Pero a Axencia informa que o que comezou co xa de moda “Resistiré”, foise “estirando” para dar cabida á Macarena (o tan fervorosamente mariano de “Dale a tu cuerpo alegría, Macarena), a “Cabritiña” (“eu gosto de mamar / nos peitos da cabritiña./ Mamo á hora que eu quero / porque a cabrita é miña”),  “El gallo” (“quién pudiera tener la dicha que tiene el gallo / el gallo sube./ Echa su polvorete,/racatapúm chimpúm y se sacude”), e “Xuntos”, de Juan Pardo.

Segundo a Axencia municipal de noticias de Ourense, “comentan los organizadores que se les pone la pie de gallina cuando ven la gran acogida que ha tenido esta idea entre los vecinos, principalmente los mayores,  sobre todo el fervor con el que suenan los VIVAS a la Virgen”.

Como mínimo, son danos colaterais desta pandemia que, digan o que digan os técnicos, non só afecta ao aparato respiratorio senón tamén ao cerebro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com