" />

O delegado do Goberno visita a Comandancia da Garda Civil en Lugo

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, estivo hoxe en Lugo para visitar a Comandancia da Garda Civil en Lugo. Na visita estivo acompañado polo subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e do xefe  da XV Zona da Garda Civil, xeneral José María Feliz Cadenas.

Durante a súa visita, Santiago Villanueva mantivo unha reunión de traballo co xefe da Comandancia, o tenente coronel Miguel Ángel González Arias e outros mandos da Garda Civil, para posteriormente percorrer as dependencias do acuartelamento. O delegado mostrou o seu interese polo estado das instalacións e polo traballo dos axentes na provincia.

Santiago Villanueva sustituira a finais do ano pasado a Samuel Juarez, que na actualidade desenvolve o seu traballo como agregado de Agricultura na embaixada de España en Pekín. con anterioridade Villanueva era Director Xeral de Emerxencias e interior da Xunta de Galicia.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo