O delegado do Goberno visita as obras do tramo do Camiño de San Rosendo na Mariña

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, acompañado polo coordinador de programas da Subdirección General de Desarrollo de Medio Rural do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e director da obra, Jorge Figueira Piedra-Buena; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; a directora xeral de Conservación da Natureza da Xunta, Verónica Tellado; e a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, visitaron esta maña as obras de construción do tramo do Camiño Natural de San Rosendo en A Mariña lucense. Esta actuación, financiada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, supón unha inversión de 367.524 euros.

O Camiño Natural de San Rosendo enmarcase no Programa de “Caminos Naturales” do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que pretende crear unha infraestrutura que responda á demanda de ecoturismo e que promova valores sustentables mediante a educación ambiental.

Este proxecto ofrece ao usuario novas posibilidades de ocio e unha forma de turismo alternativa e respectuosa co entorno. Potencia asemade, a educación ambiental e a interpretación da natureza e ofrece novas posibilidades para o exercicio de actividades educativas e culturais que axuden a unha maior integración e mellor coñecemento do entorno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com