O Derbi Xenuino

Os equipos Genuine de Real Club Deportivo e Club Deportivo Lugo vivirán este domingo unha xornada de convivencia que se presume apaixonante.

Co gallo do partido da Liga SmartBank entre o Lugo e o Depor que se disputará este domingo as 18:00 no Estadio Anxo Carro, ambas entidades organizaron un programa de actividades paralelo para os seus equipos Genuine.

A xornada comezará as 13:00 no Campo Municipal de A Cheda onde se disputarán dous partidos simultáneos de fútbol8 entre ambos equipos. Ao estar ambos conxuntos formados por máis de trinta xogadores acordouse a disputa de dous partidos para todos os xogadores poidan participar.

A continuación ambos equipos disfrutarán dunha comida conxunta nas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, como paso previo a acceder ao Estadio Anxo Carro onde poderán presenciar o partido e animar aos seus equipos na mesma zona, amosando o respeto e a cordialidade que caracteriza aos equipos Genuine.

O prato forte da xornada chegará cando os once iniciais de albivermellos e branquiazuis salte ao terreo de xogo do Anxo Carro, xa que once integrantes de cada equipo Genuine acompañarán aos profesionais dende o túnel de vestiarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo