" />

O descenso de infeccións activas de Covid-19 na provincia axuda a alixeirar a presión hospitalaria

O respiro da segunda vaga da Covid na provincia xa é unha realidade. Estabilízase a baixada de infeccións activas malia manterse o número de novos casos diarios. Así, nos últimos datos ofrecidos polo SERGAS, e recollidos ata as 6 da tarde de onte, rexistrábanse 858 casos activos, 27 persoas menos que na xornada anterior. 

Con este descenso, baixa tamén o número de pacientes ingresados nos centros hospitalarios da provincia con infección por Covid, que se sitúan en tan só 26 persoas, moi por debaixo das 40 persoas ingresadas que se rexistraban a primeiros de semana.

Doutra banda, como dicíamos ao principio, mantense o número de novos casos detectados por PCR en 32 persoas, unha cifra semellante aos 31 informados onte e aos 37 de antonte. Mantense tamén o número de falecemos que son xa 127 na provincia de Lugo dende o comezo da pandemia, contando a un usuario da residencia de Guntín que finaba en Santiago a pasada semana. 

Con todo, son 5397 as persoas que xa superaron a enfermidade con éxito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo