" />

O domingo entra en funcionamento o Plan Invernal da Xunta

Como todos os anos, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a traveso da Axencia Galega de Infraestruturas, pon en marcha o Plan de Vialidade Invernal, que tal e como informou a delegada da Xunta, entrará en funcionamento o vindeiro domingo e prolongarase ata o 30 de abril en toda a rede viaria autonómica, que na provincia de Lugo é  de 1.550 quilómetros. Destes, 379 quilómetros pertencen a treitos con maior risco de nevaradas polas súas características de altitude, orientación e peculiaridades climáticas locais.

Ao Plan de Vialidade Invernal, similar ao de outros anos, estarán adscritos 94 persoas. Entre a maquinaria e o material dispoñible figuran 18 camións, 10 cuñas quitaneves, 8 follas, 14 esparexedores de sal e 4 extendedoras de salmoira. Tamén se disporá de 11 silos de almacenamento de sal espallados pola provincia, con 740 toneladas de capacidade.

A campaña iníciase cun acopio total de sal estimado de 1.740 toneladas de sal mariña e de mina, 1.000 nos centros de conservación e o resto nos silos, que estarán ao 100% da súa capacidade. Ademais, hai catro plantas de fabricación de salmoira, que son as de Cabreiros e Baleira, na zona norte, e as de Bascuas e Vila de Mouros, na zona sur.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo