O Emevé volve a Dumbría para seguir cos amistosos que abren a tempada

Os mozos da Superliga 2 do CV Emevé volven esta fin de semana a Dumbría para continuar cos amistosos cos que se abre esta nova tempada de voleibol. Os de Diego Taboada xogarán este sábado, 22 de setembro, o III Torneo Concello de Dumbría.

Ás 10.00 horas xogarán a primeira semifinal, no Pavillón Municipal da localidade Coruña sa, na que se enfrontarán ao Textil Santanderina, equipo da Superliga, e que suporá un rival de primeira que porá aos rapaces en situación real de xogo de cara a esta tempada.

Ás 12.00 horas será a quenda do equipo local que se verá as caras co Intasa San Sadurniño, recén ascendido á Superliga. Xa pola tarde, se xogarán o primeiro e segundo posto desta competición.

Novas fixaches

O club aproveitou estés días para seguir presentando a novas fichaxes para esta tempada. Así, esta mañá foi a quenda de Angelivis Caballero e María Rodríguez Sanjurjo que veñen da categoría xuvenil e mañá tocarálles aTea Andric e Ivelina Avramova.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo