" />

O EspazoLab acollerá unha mostra fotográfica para concienciar sobre as capacidades laborais de persoas con diversidade funcional

Visibilizar para sensibilizar. Con ese obxectivo o CEI – Nodus do Concello de Lugo inaugurará este mércores, día 27, unha exposición fotográfica coa que a área de Desenvolvemento Local e Emprego quere difundir non só as aptitudes de emprendemento das persoas con diversidade funcional senón tamén as súas potencialidades laborais.

A mostra, que será inaugurada ás 12 do mediodía polo concelleiro Mauricio Repetto e a edil de Igualdade, Ana Abelleira, recolle en total unha trintena de imaxes que o fotógrafo coruñés Diego Silva obtivo en distintos centros especiais de emprego co obxectivo de plasmar a actividade diaria que desenvolven estas persoas e as diferentes capacidades do colectivo.

Unha reportaxe documental itinerante que permanecerá exposta na sala multiusos do segundo andar do EspazoLab durante 15 días, coincidindo co XV Aniversario do CEI Nodus, que se celebrará o vindeiro venres 29, con actividades para tódolos públicos ao longo do día.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo