O festival internacional de maxia ‘Galicia ilusiona’ chega hoxe a Lugo

O festival internacional de maxia Galicia Ilusiona recala hoxe na cidade de Lugo coa colaboración da Xunta. Ás 21:00 horas, será o segundo pase, o primeiro foi ás 18.30h. ambos no auditorio Gustavo Freire.

Entre os participantes está o mago coreano Seimei, un mago manipulador premiado coa variña de ouro de Monte Carlo; a Compañía Mag Edgard (Barcelona), recoñecida co premio FISM Turín 2025 a mellor espectáculo mundial; o lucense Nacho Samena, un dos magos galegos con maior proxección; e David Burlet, artista carismático galardoado como mellor malabarista francés durante tres anos seguidos. Como na anterior edición, o presentador da gala será o Mago Murphy, que ademais sorprenderá ao público con novos números inéditos.

O festival percorre durante o mes de outubro oito cidades e localidades galegas. Así, ademais de Lugo pode desfrutarse en Santiago de Compostela os días 4 e 5; en Ourense o 9 de outubro, en Pontevedra o venres 10, en Vigo a fin de semana do 11 e 12; na Coruña o 16 e 17 e finalmente en Ferrol o 18 e 19. As funcións comezaron onte en Cangas.

O delegado territorial, Javier Arias, visitou este mediodía o recinto para manter un encontro cos ilusionistas que que actuarán hoxe. A programación inclúe a presenza de artistas internacionais multipremiados que visitan Galicia por primeira vez para ofrcer espectáculos únicos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com