O filme de Oliver Laxe “Sirat” acada dúas nominacións aos premios Oscar

O filme Sirat, prosegue facendo historia e sitúa a Galicia no foco do cinema internacional. A próxima gala de entrega dos premios Óscar  pode ser a que dea o primeiro Oscar ao cinema galego, xa que por primeira vez, un filme dirixido por un cineasta galego opta aos premios da Academia de Hollywood.

A obra de Oliver Laxe conseguiu dúas importantes nominacións: mellor película internacional e mellor son. Sirat competirá nestas categorías con producións de gran prestixio, entre as que destaca Sentimental value.

Estas dúas nominacións para Sirat supóñen un impulso máis para o cinema galego e confirma a proxección internacional dunha cinematografía que, nos últimos anos, vén colleitando recoñecementos nos festivais de máis sona. A presenza de Sirat nos Óscar marca un antes e un despois para a cultura audiovisual do noso país

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com