" />

Esta semana os cines Codex estrean unha obra mestra dos anos oitenta, a estival “O raio verde”

Esta semana os Codex Cinema inclúe dúas novas estreas na súa programación.

A primeira estrea é O raio verde, obra mestra dirixida en 1986 por Éric Rohmer, membro orixinal da Nouvelle Vague e un dos mellores directores da historia. O filme gañou o León de Ouro á Mellor Película e o premio FIPRESCI no Festival de Venecia dese mesmo ano. Quinta e penúltima parte do ciclo Comedias e proverbios, o filme conta a historia de Delphine, secretaria parisiense que fica sen plans para as vacacións cando a súa amiga cancela os seus. Inmenso estudo do comportamento humano filmado co inconfundible estilo naturalista de Rohmer.

A outra estrea da semana é Entre dous amenceres, debut na longametraxe do turco Selman Nacar. Un intenso e asfixiante drama que narra, cun mecanismo digno do mellor dos thrillers, vinte e catro horas na vida de Kadir, quen ten que tomar unha decisión moral, logo de que un traballador fique gravemente ferido na empresa familiar, que traerá importantes consecuencias na súa vida e de quenes o rodean. Gañadora do premio á Mellor Película no Festival de Torino e seleccionada para participar no Festival de San Sebastián.

Pódese consultar toda a programación en www.caldiae.com

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo