O freo das altas e o mantemento dos contaxios á alza elevan o número de casos activos

Tras varias xornadas en descenso do número de casos activos de Covid19, onte a provincia xa daba un paso atrás que hoxe volve a ser unha realidade. Unha suba de casos que vén dada por un mantemento dos positivos á alza e un importante freo das altas médicas.

En cifras, segundo o último informe do SERGAS, con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, Lugo conta con 6927 casos activos, 217 máis que un día antes. No tocante aos novos contaxios, na última xornada foron 613 os positivos comunicados polo SERGAS, unha cifra semellante á xornada anterior con 623 positivos e algo por baixo dos 768 que se rexistraban o mércores.

Outra cifra que continúa empeorando é a presión asistencial que hoxe chega aos 67 pacientes en unidades convencionais e 7 pacientes con covid na UCI, estes últimos todos no Hula. Por hospitais, o HULA conta con 51 pacientes con covid en planta, o Hospital da Costa con 9 e, en Monforte, contan con 7 pacientes con covid.

Dende o inicio da pandemia, Lugo rexistrou 279 falecementos por mor do virus. Doutra banda, 34.601 lucenses xa poden dicir que superaron a Covid en Lugo, 395 na última xornada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com