" />

O Garañón quedará selado esta semana

O edil de Urbanismo, Miguel Couto supervisou esta maña o peche de O Garañon. O concelleiro, recalcaba que “resolvemos ordenar á propiedade que procederan de xeito inmediato para impedir que as persoas accedan de forma fácil ao interior, e evitar un uso non adecuado do edificio”.

Un grupo de operarios, selaron os accesos con chapa metálica e cegaron con ladrillos e cemento o resto de accesos, polo que dende esta semana o Garañon terá todos os seus accesos tapados para impedir que volvan a acceder persoas no seu interior. O goberno local requiriu á propietaria de tomar esta medida “Lembrando que é responsabilidade do titular do inmoble garantir que non se poida acceder ao mesmo e debe de dispoñer de todos os medios ao seu alcance para alcanzar o obxectivo polo perigo inminente que a deterioración da edificación supón para a seguridade das persoas” explicaba Couto.

O edil quixo facer “un chamamento á cidadanía para que manteñan un comportamento exemplar, e en caso de incumprimento actuaranse conforme á legalidade, debendo asumir as responsabilidades” xa que o Concello non pode converterse no  garante de que non se acceda ao edificio, pois o seu labor limítase ao cumprimento da legalidade en canto ao peche e limpeza da parcela, aspecto que xa mandou executar mediante unha orde que hoxe ve como se executa grazas á predisposición e colaboración do actual responsable do inmoble.

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Mar Rey
    Ago 03, 2020 - 03:58 PM

    DEMOLICION XAAA….que van arrancar todo…son menores retando a madres,van a seguir subiendo🤷‍♀️

    Reply
  2. Avatar
    Mari Dominguez
    Ago 03, 2020 - 03:47 PM

    Pero que edificio nin que edificio. Teñen orden de demolición, asta cando así. VERGOÑENTO!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo