O GMPP quere que se despexe a incognita do futuro da biblioteca da Piringalla

O Grupo Municipal do Partido Popular quere que o goberno local “defina a súa postura e trace unha folla de ruta con prazos e usos concretos para o edificio que empezou a construír en maio de 2010 na Piringalla”. O portavoz do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, avanzou que o seu grupo presentará unha iniciativa de pleno para que “cando se realice a nova contratación do proxecto se fagan os estudos para ampliar os usos incialmente previstos. É unha tomadura de pelo que o goberno local despues de case catro anos coas obras paradas desta infraestrutura non tome unha decisión en firme sobre o futuro desta dotación”.

O Partido Popular ten moi claro o que quere para esta dotación, e na iniciativa que elevará ao pleno de outubro, propón “ampliar os seus usos e converter esta infraestrutura nun espazo multifuncional que dea unha resposta moito máis completa ás necesidades do barrio e que se converta nun centro de referencia do municipio polas súas innovadoras e pioneiras características”.

Castiñeira matiza que “desta forma converteríase este espazo nun contorna de convivencia creando áreas integrais de educación e lecer como unha ocioteca, unha ciberaula, un laboratorio de idiomas, aulas de reforzo escolar ou de lecer, unha sala de artes escénicas (música, teatro, danza e sala de proxección de cinema) e unha sala de comunicación ou orientación e resolución de conflitos con soporte psicopedagógico e social. Este novo espazo multifuncional será un centro de referencia para toda a mocidade de Lugo, que albergará tamén unha sala de exposicións polivalente coa que se potencie o traballo dos mozos creadores da nosa cidade”.

O portavoz popular lembrou que a biblioteca da Piringalla é un proxecto que nace no ano 2008 coa contratación do proxecto e a dirección de obra. En xullo de 2010 contrátase a súa execución cun prazo de 6 meses e unha semana polo que a biblioteca tería que estar terminada o 3 de maio de 2011. Jaime Castiñeira indicou que “nos últimos catro anos a obra sufriu diversas visicitudes con modificacións de proxecto, ampliación de prazos, cesión de contratos erradas e mesmo houbo informes técnicos que obrigaban a reforzar a estrutura por execución incorrecta e non axustarse ao proxecto”.

O PP forzou a comparecencia do concelleiro de urbanismo para que explicase os motivos da paralización das obras reclamando a rescisión dos contratos tanto coa empresa construtora como co equipo redactor e director. “A xunta de goberno do 21 de xaneiro de 2015 incoa o expediente de resolución de ambos os contratos e tras as alegacións das empresas o goberno socialista acorda remitir o expediente ao Consello Consultivo de Galicia para que ditamine se procede ou non esta resolución. O expediente remitiuse fóra de prazo por o que se devolve ao Concello a documentación sen pronunciarse sobre o fondo do asunto por que caducase o prazo e se retrotrae o procedemento”.

“O 12 de Agosto de 2015 co novo goberno de Lara Méndez volvese iniciar todo o procedemento. Estamos no mesmo punto que en xaneiro condenando a un novo adiamento deste equipamento para o barrio. A biblioteca da Piringalla é unha das obras interminables do goberno socialista na que se malgastaron 230.000 euros nun esqueleto inseguro e neste momento non ten nin prazos, nin empresa nin sequera orzamento para terminala.

Castiñeira afirmou que queda pendente de executar 800.000 euros do millón que se orzou para realizar a obra destacando que para este exercicio os socialistas chegaron a incluír unha partida de 75.000 para o seu mobiliario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com