" />

O Goberno ao BNG “non pretenda organizar desde o seu whatsapp un servizo que custa 200.000€ ao mes”

O Goberno Local saíu hoxe ao paso do sistema de contol dos autobuses presentado polo BNG esta mañá e pedíulle aos nacionalistas que deixen de facer “oposición populista” e que sexan serios e rigorosos nos seus plantexamentos porque “soa case a chiste” que pretenda utilizar como Sistema de Axuda á Explotación (SAE) da rede de transporte público de viaxeiros un grupo de whatsapp.

O equipo de Goberno di saber da preocupación da cidadanía ante este servizo e aseguran que “non se pode xogar cando se fala de xestión pública con argumentos facilóns que raian o ridículo” para aboradar a explotación do transporte público, un servizo que custa mensualmente 200.000 euros ás arcas municipais.

O SAE permite a xestión da explotación e ofrece información en tempo real sobre a frota de autobuses, pero, ademais, recompila toda a información facilitada desde os distintos sistemas embarcados dispoñibles nos autobuses e xestiona os datos da frota de vehículos para unha mellor regulación e planificación do servizo de transporte.

O SAE, como debería coñecer o BNG, conta cun preciso sistema de predición de tempos, pero tamén configura as liñas, traxectos, horarios e transbordos, así como o control de vehículos e condutores e a planificación do tráfico definindo a organización diaria, semanal, mensual ou anual dos autobuses e condutores por liña e traxecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo