O goberno asina os contratos para deseñar o sistema de protección antinéboa da A-8

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana xa asinou todos os contratos coas empresas seleccionadas para deseñar o sistema de protección antinéboa da Autovía A-8. Isabel Rodríguez destacou que o Goberno investirá máis de 2 millóns nesta primeira fase do proceso de Compra Pública Innovadora, que consiste no deseño, a construción e a experimentación con prototipos de solucións innovadoras para facerlle fronte a néboa nunha zona de proba anexa ao treito da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.

A Compra Pública Innovadora desenvólvese en competencia por fases temporais que son de carácter eliminatorio, ata seleccionar as mellores solucións para resolver o problema da néboa.

A Fase 1 consiste na demostración da viabilidade das solucións propostas. Nela, cada un dos adxudicatarios debe realizar os estudos e demostracións necesarios que permitan comprobar a eficacia e a viabilidade técnica e económica de cada proposta.

A Fase 2 de construción e experimentación en campo a escala real con 4 prototipos seleccionados na primeira fase, 2 por cada lote, co fin de verificar o correcto funcionamento dos desenvolvementos teóricos nun contorno real nas condicións de néboa características do treito da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.

Unha vez validada a tecnoloxía ensaiada, procederase a unha contratación convencional para a construción dos sistemas antinéboa seleccionados.

Sete propostas

A Fase 1 organizouse en 2 lotes e un total de sete contratos de servizos.  Os tres contratos do lote 1 son para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistema de axuda á condución en situacións de néboa e suporán un investimento total de 722.675 euros (impostos incluídos).

As tres propostas seleccionadas consisten en: un sistema de balizamento lateral da vía con luz láser, un sistema de sinalización horizontal con tecnoloxía LED proxectada sobre a calzada e un sistema baseado no uso de balizas intelixentes

Os contratos foron adxudicados a TECNIVIAL, S.A. por un importe de 241.999 euros, Tree Tecnology S.A. por importe de 240.690 euros e á UTE formada por. Sener Ingeniería y Sistemas, S.A. e API Movilidad, S.A, por 239.985 euros.

En canto ao lote 2, son catro os contratos para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistemas que actúan sobre a néboa mediante o seu illamento, eliminación ou desprazamento. Neles vanse investir 1.317.956 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com