O Goberno cede á Xunta a antiga escola de Enfermería para crear unha Oficina de Emprego

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social aprobou a cesión á Xunta de Galicia da antiga escola de Enfermería de Lugo para crear a nova Oficina de Emprego da cidade, que cofinancian as dúas administracións. O Estado achegará 1.227.200 euros para a creación da nova dotación do servizo público de Emprego.

A cesión de uso do edificio da antiga Escola de Enfermería, que é propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social, farase gratuitamente e por un prazo de 20 anos, que será prorrogable por ambas partes.

A subdelegada explicou que a resolución xa lle foi comunicada á Xunta e a cesión será efectiva tan pronto as dúas administración asinen o preceptivo convenio. A Tesourería Xeral da Seguridade Social, que é a propietaria da totalidade dos terreos ocupados polo antigo Complexo do Hospital Xeral de Lugo, autorizou en xullo a ocupación temporal da antiga escola de Enfermería, coa finalidade de facilitar o comezo das obras antes de que se produza a formalización do documento de cesión.

Esa autorización produciuse logo de aceptar a retrocesión por parte da Xunta do edificio denominado Escola Universitaria de Enfermería, actualmente Pavillón administrativo ou Unidade de Saúde Mental. O Consello da Xunta aprobou o 2 de maio a retrocesión do inmoble á Tesourería Xeral da Seguridade Social, que a aceptou con data 12 de xuño.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 04, 2019 - 10:46 PM

    . Irá que ben, polo menos deixaran de pagar alugueres tendo un edificio público a disposición.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com