O Goberno Central inviste máis de 124.000 euros na limpeza das concas do Eo e o Navia

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deu conta hoxe dos traballos de limpeza nos ríos das concas do Eo e o Navia na provincia nos que o Ministerio para a Transición Ecolóxica inviste máis de 124.000 euros.

A subdelegada explicou que o proxecto de actuacións do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico Occidental, incluíu actuacións en 10 ríos da provincia, cun investimento total de 92.600 euros. Estes traballos realizáronse nos últimos meses en 7 concellos da provincia. Concretamente, fixéronse labores de conservación e mantemento de cauces en ríos das Nogais, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada. O plan completarase coa limpeza de ríos no término municipal de Becerreá, cun presuposto de 31.500 euros.

Ata o momento, fixéronse labores de limpeza nos ríos Navia, en distintos treitos pertencentes aos concellos de Pedrafita do Cebreiro e Navia de Suarna; Eo, ao seu paso polo municipio de Ribeira de Piquín; Machín, en Riotorto; Noceda, das Casas, Rumián, Cervantes e Noceda, no concello de Cervantes; Vidal, en Trabada, e Valdeparada, nas Nogais.

Nos labores de limpeza realizados no río Navia investíronse en total 30.200 euros. Outros 21.800 euros foron para os traballos de limpeza do río das Casas. Ao acondicionamento do río Machín dedicáronse 13.200 euros. Para os traballos de limpeza do río Noceda o presuposto foi de 8.200 euros. No río Vidal o investimento foi de 7.200 euros. No caso do río Eo, investíronse 5.500 euros. A partida destinada ao río Cervantes foi de 2.800 euros. Ao río Valdeparada dedicáronse 2.000 euros. E o acondicionamento do río Rumián tivo un custe de 1.700 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com