O Goberno concede unha prórroga a Xunta para evitar que perda a axuda para a creación dunha Oficina de Emprego na Residencia

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe que o ministerio de Traballo concedeulle á Xunta de Galicia unha prórroga dun ano para evitar que o Goberno galego perda unha subvención destinada á creación da nova Oficina de Emprego do barrio da Residencia.

A subdelegada do Goberno informou aos representantes veciñais, cos que mantivo unha reunión esta mañá, de que o ministerio de Traballo acordou  ampliar nun ano o prazo para que a Xunta xustifique as obras subvencionadas.

Isabel Rodríguez explicoulles que “esta é unha nova mostra de que este Goberno nunca se plantexou entorpecer ningún proxecto que beneficie aos lucenses. Nós temos como prioridade o interese dos cidadáns, por iso estamos a dar todas as facilidades, dentro da legalidade vixente, para axudar á creación de novos equipamentos no barrio”. Neste sentido, a subdelegada lembrou que o ministerio de Traballo colabora nas novas dotacións para o barrio coa cesión gratuíta dos terreos propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social e cun investimento que supera o importe de 1,2 millóns de euros, a través de dúas subvencións concedidas polo Servizo Público de Emprego Estatal.

O prazo para a xustificación dunha das dúas subvencións concedidas polo o Estado á Xunta de Galicia, que ten un importe de 702.000 euros destinado á financiación da nova Oficina de Emprego no barrio da Residencia, rematou o pasado 13 de setembro sen que o Goberno galego puidera xustificar a realización das obras.

Para evitar que a Xunta perda a subvención e que corra perigo a creación do novo equipamento, o ministerio de Traballo autorizou a ampliación ata o prazo máximo dun ano para a realización e posterior xustificación das obras que se van financiar con esa achega do Estado.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 12, 2019 - 09:35 PM

    E para que queremos tantas ofinas de emprego. Co traballo que hay!!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com