O Goberno da Deputación mellora con 100.500 euros a estrada que une As Nogais e Triacastela

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez da Deputación de Lugo, supervisou este luns as melloras nun treito de 2 quilómetros da LU-P-3702, que une Nullán, no Concello das Nogais, con Lamas, en Triacastela. O Goberno da Deputación inviste nestes traballos un total de 100.500 euros.

As obras desta vía lévanse a cabo dende o quilómetro 0,195 ata o 2,200. Consisten na mellora do firme con aglomerado en quente. Para incrementar a seguridade amplíanse dúas curvas moi pechadas con zahorra. Os traballos tamén contemplan a limpeza e a reapertura de cunetas e á sinalización da vía con pintado.

Beneficio para 300 veciños e para o turismo da zona

Co arranxo desta estrada, o Executivo Provincial beneficia directamente a uns 300 veciños desta zona, mellorando a accesibilidade entre os núcleos rurais de Nullán, nas Nogais, e Lamas, en Triacastela.

O sector turístico tamén poderá aproveitar os beneficios desta obra, xa que é a estrada que dá acceso á casa de turismo rural máis concorrida da vila, situada en Chan do Vilar, e ao mesmo tempo comunica co antigo Camiño Real. Esta ruta de sendeirismo, que se denomina Casa da Chancia, conta cun percorrido de 8 quilómetros e desemboca ao punto máis alto do municipio, chegando a superar os 1.100 metros de altitude

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo