O Goberno da Deputación mobiliza a 44 operarios e 21 máquinas pola neve

O Goberno da Deputación mantén activado o protocolo de actuación de viabilidade invernal debido á alerta laranxa que traerá cotas de neve en municipios da Montaña Lucense durante o día de hoxe. Para garantir o tráfico rodado e a seguridade nas estradas provinciais, o organismo provincial mobilizou a 44 operarios e 21 máquinas para atender ás posibles incidencias.

O protocolo comezou hoxe e afectará aos Concellos de: A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Becerreá, Cervantes, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Incio, Samos, Triacastela, Quiroga, Ribas de Sil, Ourol e Muras.

Dende o Servizo de Vías e Obras recomendan a todos os usuarios a circular con precaución, e aconsellan que non se aparque nas marxes da estrada LU-P-651, dende Pedrafita a Samos, xa que os usuarios que se achegan a estes municipios a gozar da neve poden obstaculizar a circulación neste tramo. Cómpre sinalar que en Pedrafita do Cebreiro, ao carón do Concello, hai habilitados aparcamentos para os visitantes.

Nestes momentos todas as estradas da rede viaria provincial están abertas ao tránsito e por se fora necesario o Servizo de Vías e Obras permanecerá operativo as 24 horas durante esta xornada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com