O Goberno galego aclara que “foi a lexislatura do rural e Lugo a provincia máis beneficiada”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro asegura que esta “foi a lexislatura do rural e a nosa provincia a máis beneficiada” polos apoios que o Goberno galego puxo en marcha para as zonas menos poboadas e dirixidos aos profesionais do sector da agricultura e gandaría.

Así, por exemplo, o delegado explicou que estes apoios se traducen en diversos ámbitos, como por exemplo no social: xa están en marcha 16 casas niño no rural lucense, financiadas integramente pola Xunta, así como 4 casas do maior, todas elas gratuítas para as familias usuarias.

“Sábeo ben o alcalde de Castroverde, que antes non dispoñía de ningún recurso para a atención de nenos de 0 a 3 anos, nin tan sequera un punto de atención á infancia municipal, e agora dispón de dúas casas niño que financia integramente a Xunta de Galicia”.

Foi tamén a impulso da Xunta, lembrou Balseiro, que nesta lexislatura se acordou a ampliación do programa de impostos cero que beneficia a 1.251 parroquias rurais luguesas (o 98,4% do total do territorio da provincia), nas que non pagan o imposto autonómico pola venda, adquisición e agrupación de solo rústico e de parcelas agrarias ou forestais. “A medida ten como obxectivo favorecer a mobilidade de terras, propiciando a súa transmisión ao sector agrario, e facilitar que as explotacións accedan ao solo agrario con menos custe”, aclarou.

En relación co plan da Xunta para mellora de camiños de titularidade municipal Balseiro explicou que onde o PSOE ve recortes a Xunta aposta por unha mellor planificación e distribución das axudas destinadas aos municipios do rural galego. Así, ao analizar os resultados das convocatorias anteriores do Plan Marco, o Goberno autonómico comprobou que quedaban case 6 millóns de euros cada ano sen executar pola falta de xustificación dos concellos.

Balseiro amosouse tamén sorprendido por que os socialistas critiquen o programa autonómico para a mellora da cobertura móbil no rural, xa que eles mesmos apoiaron a súa posta en marcha desde a Fegamp, que colabora no seu despregamento. “O que non explican desde o PSOE, o que queren ocultar aos lucenses sobre este programa, é que a Xunta viuse obrigada a poñer en marcha un plan para a mellora da cobertura no rural, conscientes de que esta era unha problemática que cómpre atallar, e ante a negativa do Goberno do Estado a facelo”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Feb 17, 2020 - 10:30 PM

    bla bla bla

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com