" />

O Goberno local anuncia a adaptación da Ordenanza de Circulación para o repintado dos pasos de peóns

O Tenente de Alcalde da cidade de Lugo anunciou no día de hoxe que a área de Mobilidade e Infraestruturas impulsará a adaptación da Ordenanza de Circulación para realizar modificacións nos pasos de peóns de cara ao repintado da sinalización horizontal da cidade. “Dentro desta proposta contemplaremos medidas que non estaban previstas na ordenanza actual”, indicou o edil, que engadiu “trátase de modificacións que dan resposta a solicitudes da veciñanza e a adaptar a sinalización á mobilidade actual”.

Baixo este novo plan, o Goberno eliminará unha das liñas dos pasos de peóns para evitar resbalóns de motos e bicicletas “seguindo o exemplo doutras cidades”. Asemade, os pasos regulados por semáforo pasarán a representarse por dúas liñas discontinuas nos seus límites” e contarán con avanzabicis que permitirán ao ciclista preseleccionar a dirección de xiro “evitando ter que respirar os gases dos vehículos motorizados”.

Por outra banda, o concelleiro indicou que “se adaptarán as prazas para persoas con mobilidade reducida, aumentando o seu tamaño e reducindo as zonas esvaradizas“. A modificación da ordenanza tamén recollerá outros aspectos, como a mellora na sinalización nas zonas de coexistencia de tráficos e de estacionamento. Con esta modificación, o Concello da un paso máis para que no prazo máis breve posible se poida iniciar o pintado da sinalización, que conta cun orzamento de máis dun millón de euros. Será o pleno da corporación quen teña que aprobar definitivamente esta modificación

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Germán Bouso
    Xan 20, 2020 - 06:01 PM

    Unhas modificacións simples farían moito pola seguridade dos peóns (en zonas como Fontiñas, a visibil… https://t.co/jKN5fDiru5

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo