" />

O Goberno local presenta o proxecto de orzamentos para 2021

O Goberno Local vén de presentar esta mañá o seu proxecto de orzamentos para o vindeiro ano 2021. Un documento que, en palabras do tenente de alcaldesa tildou de “expansivos”, para loitar contra a crise económica que traerá consigo a pandemia do coronavirus. O documento presupostario presentado por Lara Méndez e Rubén Arroxo, contemplan partidas de investimentos dedicadas á creación de emprego. 

Entre as actuacións máis destacadas, segundo aseguraron dende o Goberno, será a transformación a peonil do treito da Ronda da Muralla entre a Porta Santiago e a Rúa Vilalba, coa creación da beirarrúa e a posta en valor da propia Porta Santiago. Ademáis, o goberno reserva unha partida para a programación cultural no novo auditorio.

As contas ascenden a 106,4 millóns de euros (106.478.713 euros), polo que crecen un 6,5% respecto ao exercicio do 2020. “E se a comparativa a realizamos co anterior presuposto aprobado, que foi no 2018 xa que o 2019 foi prorrogado, o aumento elévase ao 11,75%”, comentou a rexedora.

Lara Méndez definiu os orzamentos como unha das dúas grandes ferramentas, xunto a Estratexia Lugo Transforma, o fondo de emprendimiento de 12 millóns de euros para atraer investimentos e emprego, “que reforzarán a transformación do municipio seguindo o noso modelo de cidade de vangarda, verde e sostible, e que nos axudarán a deixar atrás unha situación imposible sequera de imaxinar hai só uns meses”. Neste senso, destacou que, por primeira vez desde que o Concello acadou débeda cero no 2017, no mandato anterior, as contas municipais recorrerán a endebedarse en 7 millóns de euros. O obxectivo, comentou a alcaldesa, é reforzar as políticas sociais, “o eixo central deste Goberno nos últimos 20 anos”, e aumentar o esforzo inversor.

Pola súa banda, Rubén Arroxo, apuntou que as administracións “deben ser as primeiras en realizar grandes inversións nun momento de crise económica, ao contrario do realizado por outras administracións noutros momentos de crise económica, que deixaron unhas claras consecuencias”.

Lara Méndez incidiu en que “coas políticas incluídas nestas contas, unidas aos investimentos desenvolvidos no último ano e sen aumentar as políticas impositivas, estamos a falar dunha mobilización de recursos superior aos 49 millóns de euros, é dicir, un esforzo inversor sen precedentes na historia de Lugo destinado a impulsar a súa segunda gran transformación, a súa dinamización, a innovación e o emprendimiento, de vital importancia para un crecemento económico sólido e continuado nos vindeiros anos”.

Avanzou, ademais, que a estes “49 millóns de euros se incorporarán no 2021 os remanentes necesarios para que Lugo supere esta crise como un municipio máis aberto, máis dinámico, máis diverso, máis sostible, máis competitivo e máis moderno, liderando o crecemento económico e a protección social”. Pola súa banda, o tenente de alcaldesa aseverou que “estes orzamentos van permitir xerar emprego en Lugo e estabilizar o emprego xa existente, ademais de continuar coa mellora da cidade iniciada cos orzamentos do 2020 e os suplementos de crédito aprobados neste ano”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo