" />

O Goberno local recibe o recoñecemento Boas Prácticas Locais da FEMP pola recuperación do Humidal das Gándaras

O Goberno de Lara Méndez recibirá mañá o recoñecemento de Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade da man da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) pola recuperación do Humidal das Gándaras. A actuación posta en marcha polo executivo municipal neste bosque de ribeira, un dos grandes patrimonios naturais de Lugo, obtivo o segundo premio na categoría de Medio Hídrico na segunda edición dos premios outorgados pola Rede de Gobernos Locais+Biodiversidade.

O acondicionamento desta xoia natural de 5 hectáreas de extensión, que se enmarca no proxecto europeo LIFE Lugo+Biodinámico, supuxo preservar a súa rica diversidade para que sexa un espazo de esparcemento de veciños e visitantes ao integrarse no paseo periurbano da cidade, pero tamén con fins divulgativos e investigadores xa que acolle especies de flora e fauna de interese comunitario polo seu especial valor de conservación e grao de ameaza en Europa.

Por iso, o xurado deste premio valorou cuestións relativas ao impacto do proxecto nas condicións da vida silvestre e os ecosistemas naturais; a súa sustentabilidade, no sentido da incorporación de todos os aspectos de desenvolvemento sostible (sociais, ambientais, económicos e culturais) e o fortalecemento da participación cidadá e a promoción da igualdade e equidade dentro das condicións locais.

Tamén incidiu na súa capacidade exemplarizante e a súa posibilidade de desenvolverse con éxito noutros Gobernos Locais (transferibilidade); a súa permanencia xa que os seus resultados se manteñen no tempo, e a súa visión global ao integrarse a iniciativa nunha estratexia global do Concello de Lugo no desenvolvemento urbano sostible e a conservación do patrimonio natural.

O executivo municipal, da man da USC, elaborou un plan de conservación para o humidal das Gándaras, como requisito previo á súa declaración como ENIL (Espazo Natural de Interese Local). O plan de conservación contempla unha consignación económica anual, con cargo aos orzamentos municipais, para a posta en marcha de diferentes medidas, da man da USC e o Campus Terra, para a protección e a xestión do espazo, por un período inicial de dez anos, cun importe total de 70.000 euros.

A Rede de Gobernos Locais+Biodiversidade agrupa aos Gobernos Locais españois comprometidos coa conservación e o fomento da biodiversidade, a protección do medio hídrico, a restauración de espazos naturais degradados, a mellora da conectividade ecolóxica e a salvagarda dos ecosistemas. Esta rede ten por obxecto a creación dun marco estable que impulse e promova, no conxunto dos Gobernos Locais españois, a adopción de políticas locais para a conservación e o uso sostible da biodiversidade e a conservación do patrimonio natural.


Imaxe: Arquivo Concello de Lugo

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mar 23, 2021 - 10:58 PM

    Que vos apostades que agora saen os do PP dicindo que está todo anegado de auga.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo