" />

O Goberno Municipal di que non se externalizou a representación e defensa do Concello

O concello de Lugo ven de emitir unha nota de prensa  para aclarar “á suposta privatización do servizo de Asesoría Xurídica do Concello” na que explica  cal foi  a actuación do Goberno Municipal nesta cuestión.” o goberno realizou un contrato en agosto para a asistencia xurídica e representación e defensa do Concello en xuízo. Tratábase dun contrato menor que incluía a representación, como máximo, en 15 procedementos. Ao tratarse dun contrato menor, non cabe a súa prórroga, polo que a Xunta de Goberno do pasado mércores, aprobou sacar a contratación un servizo de colaboración para a asistencia xurídica deste Concello, por un período de 6 meses, prorrogable por outros seis, e un máximo de 29.000 euros”.

O comunicado do Goberno Local prosigue, “cabe aclarar, que non se externaliza a representación e defensa do Concello en xuízo, senón que se establece un contrato cun bufete para que, en determinados casos e en certos asuntos, asuma este cometido. Trátase pois dun reparto de tarefas”.

O comunicado aclara ademais,”a cantidade tanto do contrato menor de agosto como da contratación aprobada en Xunta de Goberno do pasado mércores, son cantidades máximas. É bastante probable que non se execute a totalidade do orzamento. De feito, dende agosto, só se facturaron preto de 3.000 euros (da cantidade máxima de 20.000)”.

O comunicado de prensa remata  dicindo, ”polo tanto, o Concello soamente acude a estes servizos en caso de necesidade, o que significa que non se gastan as cantidades máximas establecidas”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo