O Goberno visita os novos achados arqueolóxicos de Santo Domingo

Lara Méndez e Miguel Couto visitaron onte os achados arqueolóxicos atopados, días atrás, durante as obras de construción dun hotel en Santo Domingo, para coñecer de primeira man a súa valía.

“Trátase dunha sorpresa moi grata que vén a corroborar a riqueza do noso pasado romano, hoxe máis presente ca nunca”, subliñou a alcaldesa.

A rexedora e o concelleiro de Urbanismo Sostible puideron comprobar in situ o elevado grao de conservación do anaco de decumano que apareceu a, escasamente, un metro de profundidade da superficie no transcurso dos traballos de excavación.

“Un descubrimento marabilloso, non só pola singularidade dos vestixios senón tamén polo bo estado no que se encontran, o que engadido ao compromiso dos promotores por mantelos e aproveitalos, permitirá poñelos en valor e integralos no vasto patrimonio arqueolóxico local que xa posuímos”, concluíu Lara Méndez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo