" />

O GPP critica a “mala xestión” da área de Turismo da Deputación de Lugo

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, criticou a mala xestión que a Área de Turismo está a facer do servizo de rutas en catamarán durante esta Semana Santa. Situación que, segundo a popular, está a provocar o descontento dos usuarios desprazados ata o embarcadoiro de Doade e que regresan sen poder realizar a ruta en catamarán.

A popular censura que se continúe a dar esta falta de xestión e de planificación por parte de Turismo e máis nunha das épocas de maior demanda de turistas do ano e sendo, o servizo de rutas en catamarán, un dos grandes atractivos que ofrece a Ribeira Sacra.

A voceira dos populares explica que dende o mércores non estivo dispoñible o teléfono de reservas de billetes nin tampouco foi posible facer reservas vía internet para estes días (xoves, venres e sábado). Esta situación, segundo matiza Candia, obriga aos interesados a desprazarse ao embarcadoiro para a adquisición dun billete sen a garantía de poder mercalo.

A maiores de non estar permitida a reserva previa, a Deputación de Lugo tampouco duplicou nunha época de gran demanda de turistas o número de rutas e non puxo en funcionamento os dous catamaráns, xa que un deles permanece amarrado no embarcadoiro.

Os populares lembran que en varias ocasións tanto a través de iniciativas plenarias como de alegacións, dende o GPP esixíuselle á Deputación de Lugo melloras no servizo de rutas en catamarán e pese ao compromiso manifestado polo bipartito provincial “a situación segue a ser a mesma, o que deriva en consecuencias negativas no sector turístico da Ribeira Sacra”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo