" />

O I Congreso Iberoamerianco Cultura e Memoria pecha a súa inscrición

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, lembrou que o vindeiro martes, 27 de novembro, é o último día para inscribirse no I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria, un dos poucos desta temática e tipoloxía que se celebran en España. Trátase dunhas xornadas organizadas polo Concello e a USC, no marco da celebración do 70 aniversario do camposanto lugués, que versarán sobre As perspectivas da morte e que terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro no auditorio do Vello Cárcere.

Esta actividade enmárcase dentro do convenio de colaboración subscrito entre a entidade local e a universidade. Pretende profundar no tema da morte, e vén a afianzar a dinámica de traballo interdisciplinar levado a cabo neste últimos anos entre Concello e USC, que ten consolidado xa logros importantes no ámbito da cultura funeraria.

O programa abrangue distintos eixes temáticos: representacións da morte na historia, ritos funerarios e morte nas distintas culturas, antropoloxía da morte e grandes cemiterios monumentais. Haberá conferencias, comunicacións e mesas redondas; todo elo cun obxectivo: crear un foro de debate e estudo das distintas achegas científicas e de investigacións que neste ámbito proporcionen información precisa a través da cal poder abordar conceptual e culturalmente a morte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo