O lucense Manu Chady saca o seu primeiro single ‘HeartBeats’

O Deejay e produtor lucense, Manu Chady, saca hoxe á venda, nos principais portais de descarga dixital, o seu primeiro single HeartBeats baixo o selo discográfico galego ‘Tullido Records’.
No seu primeiro traballo de estudio, Chady adéntrase nos sons electrónicos de moda, o progressive house, cunha melodía moi pegadiza que, sen ningunha dúbida sonará nas principais pistas de baile.
Manu Chady, na actualidade, compaxina a súa faceta de produtor musical coa de deejay sendo residente nunha das macrodiscotecas máis importantes do noroeste, DonaDana de Touro (A Coruña) e na cervecería Cook, un dos locais máis emblemáticos da cidade amurallada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com