" />

O Lugo empata e remata o ano nos postos de ascenso

O CD Lugo enfrontaba o último partido do ano con fame de vitoria e ambición por conseguir romper a súa barreira na primeira volta de campionato. Repetía once Luís César, aliñando aos mesmos futbolistas que conseguiran a vitoria ante o CD Numancia facía sete días. Esqueleto clásico e sistema automatizado de xogo para buscar o triunfo ante o equipo de Anquela, a SD Huesca.

Primeiros minutos do partido intensos, con ambos os conxuntos buscando os espazos a costas rivais, e cun CD Lugo dominador en canto a posesión e ritmo de xogo. Pese ao bo momento dos de Luís César sería o Huesca o que se ía adiantar no marcador nun saque de esquina de Vadillo que remata Melero con precisión. Co 0-1 no marcador o encontro chegaba ao descanso coa vantaxe dos de Anquela.

A segunda parte mantiña intactos o ritmo e intensidade. O CD Lugo presentaba as súas credenciais desde o mesmo arranque cun remate á media volta de Marcelo que saía rozando o pau, nun intento perigoso e que poñía sobre a pista do plan que os albivermellos buscaban aplicar neste período.

O conxunto local perseguía o gol con afán, nun tramo de absoluto control albivermello e con perigo constante fronte á meta dun Sergio Herrera. O míster local decidía mover entón o banco, e saía Iriome para sustituír a Seoane e potenciar a chegada por banda.

O traballo e a aposta netamente ofensiva do equipo de Luís César ía atopar, por fin, o seu tan ansiado premio a escasos minutos para o final, no enésimo achegamento á área rival, onde Akapo derrubaba claramente a Caballero, cometendo un penalti evidente. Joselu ao lanzamento, e marcaba o gol sen discusión. Co empate a 1 marcador chegaba o final do encontro e o Lugo remata o ano nos postos de ascenso e con boas expectativas de cara ao próximo ano.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo