" />

Nova vitoria do Lugo que suma outros tres valiosos puntos

O Club Deportivo Lugo conseguiu esta tarde no Anxo Carro unha nova vitoria ante o Albacete. Durante a primeira parte do encontro, o Lugo dominou con claridade adiantándose no marcador cun gol de Pereira no  minuto once. O Albacete, ao que lle costaba atoparse no campo lucense, dispoñía dunha oportunidade clara cun disparo de Portu ao primeiro pau.

Xa na segunda metade, o Albacete ía gañando terreo no campo e conseguindo máis posesión do balón, sin embargo eran os de José Durán, cun disparo de Caballero que facía o segundo para o Lugo, o que  lles daba unha clara vantaxe. Logo dunha lesión de Pita e aos castellano -manchegos cada vez máis metido no xogo, Portu facía o primeiro para os visitantes no minuto 73, que non era suficiente, aínda que fixo sufrir ao Lugo nos minutos finais do partido.

O resultado final de 2-1 dálle ao Lugo unha nova vitoria e tres novos e importantes puntos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo