O Mercado Medieval de Alfoz celebrarase esta vindeira fin de semana

O Deputado de Turismo en funcións, xunto co alcalde de Alfoz,  e outros membros da corporación presentaron este luns na Torre do Castelo de Castrodouro o XXI Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar os días 19 e 20 de xullo na contorna da Fortaleza de Pardo de Cela.

O Alcalde explicou que “este ano é o primeiro organizamos directamente o mercado desde o Concello, deste xeito garantimos a súa continuidade favorecendo así que cada ano chegue a máis xente. Convido a todos os veciños da provincia a achegarse a nosa historia. Quero destacar a representación teatral que terá lugar o sábado e que estará presentada polo escritor Manuel Lourenzo, fillo predilecto do Valadouro e dirixida por Pedro López Murillo, xunto con un grupo de veciños voluntarios”.

Durante a xornada haberá danzas medievais a cargo de Marco Uría, así como desfile de traxes medievais a cargo do Nabiño de Mondoñedo, que tamén conta cunha exposición de vestimentas de época no interior do castelo. Ademais terán lugar diferentes actividades para os máis pequenos; como paseos a cabalo, obradoiros de cestería, panadería, ou xogos tradicionais ou monicreques. Nesta edición o pregoeiro será Juanma Marrube, adestrador do Burela FS, veciño de Alfoz e que recentemente foi nomeado mellor adestrador de fútbol sala.

 

Programación

Venres, 19 de xullo:

20:30: Pregón a cargo de Juanma Marrube

21:00: Danzas medievais a cargo de Marco Uría

22:00: Desfile de traxes medievais a cargo de Marco Uria coa colaboración do Nabiño de Mondoñedo

23:00 Música

00:00 Queimada popular a cargo do Bruxo Mon

 

Sábado, 20 de xullo:

11:00: Demostración de cetrería

12:00: Nomeamento, bendición e imposición de medallas aos Escudeiros do Castro no Patio de Armas do Castelo

13:00: Espectáculo de malabares

14:00: Hora de xantar e coller folgos

17:00: Xogos Valecos

18:00: Tiro con arco

19:00: Demostración de cetrería

20:00: Representación teatral

21:00: Música

21:30: Cea medieval

22:30: Espectáculo de lume

23:00: Música

00:00: Queimada popular a cargo do Bruxo Mon

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo