" />

O Ministerio de Sanidade ordena o peche de todos os locais de ocio nocturno

O Ministerio de Sanidade ven de anunciar que a partir de mañá permaneceran pechados todos os espazos de ocio nocturno, discotecas, salas e pubs con ou sen música en todo o estado. Con esta medida intentase parar os contaxios por Covid -19, e controlar o andazo do Coronavirus que empeza a estar en cifras de cando o confinamento.

Na área sanitaria de Lugo suma 99 casos activos por Covid-19, os últimos casos pertencen a un brote familiar en  Cospeito. En Galicia supéranse xa os 1.000 casos, segundo os datos facilitados pola  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade  na súa última actualización.

En concreto  o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.053, deles 618 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 73 da de Ourense, 52 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 42 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 42 en unidades de hospitalización e 1.011 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.527 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 274.812.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo