" />

O número de infectados en Lugo polo Covid-19 incrementouse en 32 novos casos

Onte subiu de xeito exponencial a estatística das persoas contaxiadas polo Vid-19, 32 novos casos, en Lugo e provincia co cal o número de infectados ascende a 97. Isto é debido ao incremento da realización de máis test a persoas sospeitosas de ter contraída a enfermidade. Pero, aínda que a cifra poda parecer alarmante, tamén é certo que desta maneira e máis doado conter o andazo, pois xente que non estaba diagnosticada e podía transmitilo a outras persoas, agora xa está controlada e illada.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.374, deles 359 son da área da Coruña, 152 da de Ourense, 179 da de Pontevedra, 312 da área de Vigo, 239 da de Santiago, e 36 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 54 permanecen en UCI, 337 están en unidades de hospitalización e 983 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 22 falecementos. Os últimos falecidos eran un varón de 83 anos, que estaba ingresado no Hospital da Mariña, e que tiña patoloxías previas; e outro varón, de 61 anos, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e tamén tiña patoloxías previas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo